Visitas
Estamos en Meaño, a dez minutos de Cambados. As visitas guíaas alguén do equipo que traballa na viña ou na adega, en galego, castelán ou inglés.
Visita e cata
Ver datasPaseo pola leira da casa, a nave de elaboración e a cava. Cata de tres viños con pan de Cea e queixo de tetilla.
Subida a Leira Alta
Ver datasCamiñada ata as cepas de 1961 e cata vertical de catro anadas de Leira Alta entre as parras.
Maridaxe con produto da ría
Ver datasCinco viños con mexillón, ameixa, zamburiña, polbo e percebe da lonxa de Cambados.
Un día de vendima
Ver datasSó en setembro. Vendima co equipo, entrada da uva na báscula, mosto recén prensado e xantar de vendima.